miércoles, 27 de julio de 2016

REFLEXIÓN SOBRE MARCO CONCEPTUAL. MÓDULO I. Inés Santos

TEMA 1


Neste primeiro tema faise unha aproximación ó marco conceptual de referencia para poder estudar o mercado laboral. Traballando conceptos como os elementos que compoñen o mercado de traballo, as causas e efectos do paro, os indicadores do mercado de traballo, tipos de desemprego, as ocupacións e as ferramentas para o estudo do mercado.

Con todo isto chegamos a unha descrición do actual mercado de traballo, que debido aos importantes cambios na sociedade das últimas décadas, materializou un importante xiro para adaptar os sistemas produtivos e ir acorde ás novas necesidades. Algúns dos factores que condicionaron o cambio, son os seguintes:

§  Aumento da produción pero redución de postos de traballo.
§  Incorporación laboral da muller de xeito masivo.
§  Introdución das novas tecnoloxías.
§  Aparición de novas profesións.
§  Forte competencia entre empresas.
§  Aumento da mecanización.
§  Necesidade de adaptación a cambios tecnolóxicos.
§  O mercado demanda unha maior implicación dos/as traballadores/as no funcionamento da empresa.

Estes factores entre outros, implicaron unha nova visión, obrigando tanto ao tecido empresarial como ás persoas traballadores a adaptarse a un ritmo acelerado. Con todo isto as actuais empresas esixen profesionais con perfís moi determinados.

Por todo isto  é moi importante para as persoas demandantes de emprego coñecer o funcionamento do mercado de traballo no seu entorno de referencia para poder situarse na realidade  actual. Pois os grandes cambios nos últimos anos, provocan a desaparición dalgúns postos de traballo e a creación doutros novos que requiren de formación e a adquisición de novas habilidades para poder defendelos axeitadamente.

Ademais do comentado anteriormente é necesario ter en conta que os cambios do mercado de traballo requiren un cambio no perfil das persoas candidatas. Algún dos factores valorados positivamente polos empregadores na actualidade, son: dispoñibilidade horaria e xeográfica, adaptabilidade, implicación cos intereses da empresa, vontade de formación continua, traballo en equipo e con capacidade e iniciativa.







TEMA 2


Logo do traballado neste tema, podemos concluír que aínda que a tendencia no noso país conleva unha maior facilidade por parte das persoas con iniciativa emprededora, para materializar os proxectos de emprendemento; éstas non son suficientes para compensar o peche de proxectos empresariais que se deron motivados pola crise económica nos últimos anos; por isto a porcentaxe de empresas en activo descende nos últimos anos.

Tras os estudos realizados que traballamos no tema,  conclúese que segundo informes da GEM, obsérvanse necesarias unha serie de melloras para potenciar o aumento das actividades emprendedoras, tales como as seguintes:

                         
                Mellora de acceso ao financiamento.

                Fomento do espírito emprededor na etapa escolar.

                Formación específica que mellore as habilidades para a acción emprendedora.

                Redución de trámites burocráticos para a creación de empresa.


Tamén me gustaría destacar os factores que desaniman ás persoas para afrontar actividades emprendedoras, xa que é a maior barreira que nos encontramos dende os servizos de orientación:

§  Descoñecemento do sector por falla de experiencia laboral.
§  Carencia de formación para o emprendemento.
§  Dificultades para obter financiamento.
§  E a falla de valoración social das actividades emprendedoras. Que tamén ocasiona medos a enfrontarse a unha actividade por conta propia.

Como comentaba anteriormente esta é unha situación coa que no atopamos a cotío, cando plantexamos a posibilidade de iniciar unha actividade emprendedora. Rechazo é a resposta máis habitual, en moitas ocasións sen permitir traballar a información sobre o tema. En definitiva resulta ser unha actividade laboral non moi ben vista e isto xunto coa dificultade de obter financiación e o medo ao fracaso da persoa demandante, fai que resulte difícil traballala como unha posibilidade máis de emrpegabilidade.




 






TEMA 3




Neste último tema do módulo, faise un achegamento aos principais servizos públicos de emprego, tanto a nivel nacional como autonómico; describindo o seu funcionamento, estrutura e competencias.

Do mesmo xeito tamén se analizan as políticas de emprego no noso país e as plantexadas a nivel da Unión Europea.


É necesario coñecer o seu funcionamento así como os servizos ofertados para poder telos de referencia á hora de orientar as persoas usuarios do servizo.























PARA SABER MÁIS:

- SEPE
- SPEG



No hay comentarios:

Publicar un comentario