viernes, 15 de julio de 2016

A MIÑA NUBE DE INTERESES. INÉS

A MIÑA NUBE DE INTERESES


      O meu nome é Inés Santos


    Son Diplomada en Traballo Social e dende o ano 2011 traballo como orientadora laboral da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia. O meu principal obxectivo é que as persoas usuarias do servizo consigan ser autónomas e activas nas súas buscas de emprego.


       Este é un enlace ó periódico EL PAÍS, no que se expón un proxecto emprendedor con moi boa pinta. Gustaríame, e isto creo que o vou a conseguir neste curso ponte, mellorar as miñas habilidades para motivar ás persoas a valorar a posibilidade de actividades de emprendemento, posto que no día a día detecto reserva e desconfianza cara actividades por conta propia.





      Con todo o traballo do curso, tamén espero poder mellorar as miñas habilidades e competencias profesionais para o exercicio da orientación laboral. Adquirindo ferramentas e técnicas que axuden a unha maior empregabilidade das persoas usuarias do servizo.

Este é o meu perfil de twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario