jueves, 22 de septiembre de 2016

Reflexión grupal sobre sesión presencial "ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA. Estudio de viabilidade". Módulo 3

ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA. Estudio de viabilidade. (Reflexión grupal)

Sesión presencial impartida por Fernando Agulló Leal o 09/09/2016 

A sesión desenvolveuse coa mesma estrutura que as anteriores. Unha primeira parte de exposición dos contidos (apoiandose nun power point), e tralo descanso práctica sobre un plan de empresa e estudio de viabilidade ideado polo grupo, que servirá ademáis de traballo grupal avaliable.
Inicia a exposición presentando os contidos para a elaboración da análise económica-financeira que nos permita coñecer a viabilidade do proxecto que temos que simular para emprender. E emprega exemplos aplicados a un caso dunha cooperativa de traballo asociado. 

O Patrimonio e o Balance

Para entrar na materia concreta, profunda sobre a estrutura do Balance conformado polo  Activo (bens e dereitos) igual ao Pasivo (patrimonio neto e débedas). Abunda expoñendo que o Patrimonio Neto e igual aos bens e dereitos menos as débedas.

Resultados: Perdas e Ganancias

De seguido, cando o aforo xa comeza a naufragar cos números, pasa a expoñer a estrutura da conta de Pérdidas e Ganancias conformada polos Gastos (diminúen o patrimonio) e os Ingresos (aumentan o patrimonio), chegando ao resultado ou beneficio que é a diferencia entre os ingresos e os gastos. A este beneficio restaríase o imposto de sociedades para obter o Beneficio Neto (resultado que da lugar ao reparto entre os socios, dotación de reservas obligatorias e se é o caso tamén reservas voluntarias).

Análise financeira

Agora que conseguimos manternos a flote coas contas contables, indica o poñente que para facer unha análise financeira detallada e preciso clasificar as masas patrimoniais, o activo, o pasivo e neto, e buscar os equilibrios e o fondo de maniobra, para poder chegar a unha situación ideal que buscaremos utilizando a técnica de ratios (de garantía, de solvencia, de liquidez, de tesouraría).

Análise económica

Segue o poñente ilustrandonos ata a extenuación na procura da rendibilidade empregando ferramentas como a Ratio de Rendibilidade Económica e a Ratio de Rendibilidade Financeira. O obxectivo e chegar a coñecer o VAN (Valor Actual Neto), e sobre todo atopar o Punto Morto ou Limiar de Rendibilidade que é o nivel de ventas que lle permite á empresa cubrir, cos seus ingresos totais, a totalidade dos seus custes. A partir desa cantidade a empresa comeza a ter beneficios.

Presentación da práctica grupal

Como entende o poñente que para descansar hai que estar suficientemente cansos, aínda se detén en explicarnos cal vai ser a tarefa que temos que desenvolver a volta da pausa. Utilizaremos unha folla de cálculo Excel para a análise da viabilidade do noso proxecto.
Xa de volta... arrancamos cargando o Excel que nos aporta, facemos un estudio de necesidades para o noso proxecto e procedemos a  incorporar datos cuantificados que nos darán os resultados para o estudo de viabilidade do plan de empresa para o proxecto.
O proxecto que o noso grupo "Orientadores JIN" está a traballar, trátase da elaboración dun plan de empresa  e estudo de viabilidade para a creación dun centro de día para persoas maiores, que denominamos "Centro de Día JIN Sociedade Cooperativa Limitada". O traballo consta das seguintes partes diferenciadas: Introducción, Estudo de Mercado, Plan Comercial, Plan de Organización e Recursos Humanos, Aspectos Legais, Análise Económica-Financeira (estudo de viabilidade), e Conclusións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario